Skip to main content
As Pontes

Cohempo organiza un concurso polo Día do Pai

Por 17 Marzo, 2022Sin comentarios

A asociación de comerciantes, hostaleiros e empresarios das Pontes, Cohempo, organiza a un orixinal concurso aproveitando a celebración do Día do Pai.

A persoas que desexen participar poden facelo enviando unha foto do ticket de compra feita no mes de marzo nun dos locais asociados. Xunto a el terán que enviar unha foto ou vídeo dun papá cos fillos ou fillas acompañado dun  mensaxiño xeitoso.

O prazo de envío remata hoxe, 17 de marzo e os medios de envío son o whatsapp 694446724 e o correo cohempo@cohempo.es.

O 18 publicaranse todas as fotos e vídeos no Facebook e Cohempo e as publicacións con máis “me gusta” gañarán un vale cada un de 100 euros para gastalo nos comercios adheridos.

Os visitantes poderán votar do 18 ata o 24 de marzo e os gañadores anunciaranse o 25 de este mes.