Skip to main content
As Pontes

As Pontes aproba un plan anti fraudes para a xestión de fondos europeos

Por 26 Marzo, 2022Sin comentarios

O pleno do Concello das Pontes aprobou, cos votos a favor do PSOE e o PP, e a abstención do BNG, o seu Plan de Medidas Anti-Fraude para a xestión dos Fondos Europeos.

Trátase dun documento no que se definen as accións que a administración local adoptará para evitar a fraude nos recursos financeiros provenientes do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea.

No mes de decembro de 2021, o Concello das Pontes recibiu unha subvención de 100.000 euros da Secretaría de Estado de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana para elaborar un dos 121 proxectos piloto de plan de acción local de Axenda Urbana, con cargo a fondos da Unión Europea.

“Todas aquelas institucións decisoras e executoras que recibimos fondos da Unión Europea estamos obrigadas a previr, detectar e establecer medidas correctoras para que os recursos financeiros non se malgasten e cumpran os fins para os que están asignados. Hoxe aprobamos o código ético e os protocolos que se aplicarán no Concello das Pontes para adaptar os modelos de xestión e control, cos que xa contamos, aos novos requerimentos da Unión Europea” sinala Elena López, concelleira responsable da implantación da Axenda 2030.

O plan aborda os principais riscos de fraude de forma específica, @teniendo en cuenta os catro elementos fundamentais no ciclo contra a fraude, que son a prevención, a detección, a corrección e a persecución. Ademais define as medidas correctoras pertinentes cando se detecta un caso sospeitoso, con mecanismos claros de comunicación e procesos de seguimento, prevención e corrección.

Asegura que todas as partes interesadas comprendan perfectamente as súas responsabilidades e obrigacións, e que se transmita a mensaxe a todos os beneficiarios potenciais de que se adoptou unha formulación coordinada para combater a fraude.

O plan ten unha duración indefinida, revisarase de forma periódica, para adecualo a calquera incidencia que se poida producir, avaliando, de forma constante, o risco de fraude.