Skip to main content
Burela

O BNG mostra a súa disposición para apoiar á ACIA de Burela

Por 18 Abril, 2022Sin comentarios

Os membros do Grupo Municipal do BNG mantiveron en pasadas datas unha reunión con representantes da ACIA da vila na que lles trasladaron as súas demandas fundamentais. En verbas do voceiro do BNG, Mario Pillado, “ademais de falar do estado xeral da vila ou das taxas, o que nos trasladaron foi a súa gran preocupación pola situación do mercado dos venres, tanto pola ubicación como pola afluencia. Nós mostrámonos dispostos a trasladar dar esta demanda, posto que xa cando foi imperativo o seu traslado pola pandemia mantivemos que debía ser provisional e que o goberno local debía escoitar ás partes afectadas e chegar a unha solución que sexa o mais beneficiosa para o interese xeral da veciñanza, como defendimos por exemplo na última sesión plenaria”

SOLUCIÓN PARA OS COMERCIANTE DE CARA Ó VERÁN

Unha das inquedanzas mais grandes que os representantes do tecido comercial lle fixeron ver ós nacionalistas foi a inminente chegada da campaña de verán. Neste senso, Pillado sinala que “nos defendemos sempre que é necesario para Burela un plan integral de urbanización, tráfico e mobilidade viaria, no que se encadre a ubicación do mercado entre outras moitas cousas, pero entendemos que para este verán o sector comercial precisa que se lle de unha solución transitoria que lles xere certeza e confianza na súa potencial clientela e esa responsabilidade é total do goberno liderado por Alfredo Llano, que non debe perder nin un minuto para iso”