Skip to main content
Viveiro

Os veciños de Viveiro doaron 3,6 toneladas de material para refuxiados ucraínos

Por 6 Abril, 2022Sin comentarios

Do Concello de Viveiro saíu para o polígono de Pocomaco na Coruña todo o material doado polos veciños de Viveiro para Ucraína para a súa entrega a AGA-Ucraína (Asociación Galega de Axuda a Ucraína). 

Unha vez na Coruña, AGA-Ucraína encárgase do seu traslado ata Ucraína ou do seu reparto entre os refuxiados/as que chegan a Galicia. En total, recadáronse 3.618 quilogramos de produtos, distribuídos en 18 palets. 

Dende o Concello de Viveiro agradécese a colaboración dos veciños e veciñas de Viveiro, quen mostraron unha vez máis a súa solidariedade. Asemade, agradécese á empresa de transportes Paraíso por realizar o traslado do material gratuitamente. 

A campaña de doazón, impulsada polo Concello de Viveiro, comezou a principios do mes de marzo, con tres puntos habilitados para a recollida de material. Esta recollida de material e o seu posterior envío foi coordinado pola concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez.

Entre os produtos demandados estaban mantas e roupa de abrigo, produtos para bebés e produtos hixiene.