Skip to main content
Viveiro

Viveiro convoca unha praza temporal de soldador

Por 29 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro informa que no Boletín Oficial da Provincia de Lugo número 95, de data 27 de abril de 2022, publicouse o anuncio polo que se inicia o proceso e se establecen as normas para a cobertura temporal da praza de oficial/a primeiro/a mecánico/a soldador/a do Concello de Viveiro. 

Este proceso selectivo realizarase mediante o sistema de concurso-oposición, de carácter aberto, e as súas bases e anexos poden consultarse na páxina web do Concello de Viveiro (www.viveiro.es), no taboleiro de anuncios do Concello de Viveiro e no taboleiro de anuncios dixital.

O prazo para a presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da convocatoria.