Skip to main content
Lugo

A Asociación de Veciños da Milagrosa demanda unha mellora na iluminación das rúas

Por 1 Abril, 2022Sin comentarios

Desde a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa de Lugo volven recoller queixas veciñais debido á deficiente iluminación de rúas San Vicente e San Lorenzo, no barrio da Milagrosa.

A este respecto, instan á Concellería de Infraestruturas do Concello de Lugo -por ser da súa competencia directa- a que proceda, o máis axiña posible, á renovación da iluminación pública nas mencionadas rúas, e que o faga por luminarias que proceden no ano 2022, de alta potencia pero baixo consumo, respectuosas co Medio Ambiente, pouco contaminantes e modernas.

Sendo esta unha demanda de gran importancia xa que repercute no desenvolvemento da vida diaria de multitude de persoas, e supón un perigo para os veciños.