Skip to main content
Lugo

O proxecto ‘Un edificio con boa memoria’ tivo unha gran acollida no seu primeiro mes de vida

Por 3 Abril, 2022Sin comentarios

A concelleira de Cultura, turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, destacou o éxito da Programación Escolar do Centro Sociocultural O Vello Cárcere no seu primeiro mes. Baixo o título Un edificio con boa memoria, a área de Cultura achegará o Vello Cárcere a todos os centros de ensino de Galiza “cunha visita guiada ao centro que contará con diversas actividades para facilitar a actividade formativa”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “no mes de marzo, máis de 300 nenas e nenos de distintos centros visitaron o edificio, e a instalación ten xa cubertas todas as datas de visita do mes de abril”.

Baixo o título ‘Un edificio con boa Memoria’, o novo Programa de Visitas escolares pretende achegar, de xeito dinámico e divertido, a Historia e o Patrimonio Cultural de O Vello Cárcere aos centros de ensino de toda Galicia. “Trátase dunha proposta proxectada polo Espazo Didáctico do Centro, que abrangue as orixes do cárcere no século XIX a través dunha visita guiada acompañada de diferentes actividades adaptadas aos distintos ciclos de Primaria”, afirmou a Concelleira de Cultura.

Os centros educativos interesados poderán reservar a súa visita contactando co Centro por teléfono ou por correo electrónico. As visitas ofertaranse ata o mes de xuño, coincidindo co remate do período lectivo.