Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo indeminzará aos propietarios dos terreos sen liquidar de Alfredo Brañas

Por 20 Abril, 2022Sin comentarios

Case tres décadas despois, o Concello de Lugo porá fin ao conflito que a Administración local mantiña cos propietarios dos terreos que quedaron sen liquidar trala reparcelación da rúa Alfredo Brañas, unha problemática urbanística herdada do ano 95.

Foi en 1994 cando o Pleno do Concello de Lugo aprobaba definitivamente o proxecto de expropiación para a urbanización da rúa Alfredo Brañas. Pero foi un ano máis tarde cando a Corporación que rexía nese momento, presidida polo popular Joaquín García Díez, acordou excluír do expediente, a instancias dos titulares, varios predios sobre as que se levantaron actas de cesión a favor da Institución, reservándolles, a cambio, o aproveitamento urbanístico na futura reparcelación da vía.

Porén, cando entrou en vigor o actualmente vixente Plan de Xeral de Ordenación Municipal, no ano 2012, os soares motivo do acordo pasaron a clasificarse como Sistema Xeral Viario en Solo Urbano, imposibilitando así que os seus donos puidesen exercitar os dereitos urbanísticos acordados nas actas de cesión.

Os afectados solicitaron entón a reanudación do expediente de expropiación forzosa, petición que foi desestimada polo Concello ao entender que esta medida era improcedente e que a única compensación posible podía chegar, unicamente, mediante a indemnización dos danos pola vía da responsabilidade contractual. Iniciándose, a continuación, un procedemento administrativo que vén de concluír coa ratificación, por parte do TSXG, da sentenza ditada polo Xulgado Contencioso Administrativo nº2 de Lugo.

Así, a Administración local procederá agora ao pago dos 433.922 € recollidos no ditame, zanxando un proceso prolongado en exceso.