Skip to main content
Lugo

Un grupo de Facebook solicita a Quique Rozas como próximo alcalde da cidade

Por 22 Abril, 2022Maio 12th, 2022Sin comentarios

A cidadanía de Lugo uniu as súas forzas e intereses no grupo de Facebook Quique Rozas Alcalde, unha páxina que pretende mostrar o apoio a este político lucense para que se postule como rexedor nas vindeiras eleccións do ano 2023.

O grupo foi creado por un particular, Carlos Santaló o pasado 16 de abril despois de ver a participación de Enrique Rozas nos actos de Semana Santa. Nun primeiro momento non cría que chegara a tanto, porén, na actualidade conta con preto de 400 persoas simpatizantes con esta causa.

O promotor do proxecto iniciou esta páxina de Facebook ao non sentir simpatía ante ningún dos políticos actuais manifestándose “desilusionado”.

Quique Rozas estivo moi vinculado á política lucense ata o ano 2019 cando decidiu non integrar nas listas do PP. Foi o xerente do patronato de deportes con Quiroga, con Notario e con Joaquín García Díez. E, posteriormente, ocuparía o cargo de concelleiro co Partido Popular.

Ao falar con Quique Rozas e preguntarlle sobre esta páxina afirma que non vai dar declaracións sobre o tema, malia que quere deixar claro que non ten nada que ver coa creación desta páxina, de feito, non coñece ao creador da mesma. Afirma que se sente moi alagado co apoio recibido, e dá as gracias as persoas que mostran o seu interese na causa, do mesmo modo que asume as críticas cando lle tocan, ao ser unha personaxe pública. Para rematar, concluíu afirmando que o seu partido, o Partido Popular, agora mesmo está enfocado na sucesión de Feijoo que é o tema que ten que tratar na actualidade.

Con todo, Rozas, que traballou como funcionadio do Ministerio de Defensa ata a súa xubilación, en diversas entrevistas afirmou non “pechar ningunha porta” no relativo á súa vida política e sempre se amosou disposto a colaborar, de novo, co partido se así llo piden.

Carlos Santaló iniciou esta iniciativa co obxectivo de que o candidato do grupo popular nas vindeiras eleccións sexa Quique Rozas, xa que actualmente maniféstase desilusionado coa política actual e en desacordo co goberno actual de Lugo. Confía en que Quique Rozas sería o único candidato capaz de obter a maioría absoluta, algo que colleu máis forza coa gran adhesión de persoas que apoiaron a causa.

E é que este grupo de Facebook xa conta con preto de 400 membros que nas últimas xornadas chamaban á toma de decisión por parte da presidenta provincial do Partido, Elena Candia. Nunha imaxe publicada, instan á mindoniense a poñer á fronte do PP de Lugo a Enrique Rozas “se quere que Lugo teña Goberno do PP”. Tamén consideran dende o grupo de facebook que “do contrario” o PP seguirá “na oposición e avenllentándose”.

Dende o Partido Popular aínda non avanzaron ningún nome das listas que presentarán ás municipais do vindeiro ano. Por un lado, aínda é moi cedo no calendario, cun ano por diante, para presentalas, pero por outro lado, chama a atención da cidadanía que o actual voceiro popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, non confirmara todavía a súa continuidade á fronte do partido.