Skip to main content
Monforte

A Deputación colabora nos desprazamentos dos deportistas do Neka Monforte a Corea

Por 9 Abril, 2022Sin comentarios

Efrén Castro visitou ao Neka Monforte, que prepara a viaxe a Corea de oito deportistas para participar no Campionato do Mundo de Taekwondo que se celebra do 21 ao 24 de abril nese país asiático.

Aitor Teijeiro Elidio, Lucía Roca Rodríguez, Karla Novo Taboada, Laura Álvarez Suárez, Marco García Martínez, Daniel Areán Grejs, Alejandro Losada Rodríguez e Carlos Rey Cuadrado sairán o vindeiro martes rumbo a Corea onde competirán en seis categorías de modalidade técnica, marcando así un fito na historia do club monfortino, creado en 1996 por José María Vega Sánchez.

O deputado de Deportes asistiu a un dos últimos adestramentos dos mundialistas -de Monforte e Taboada-, que recibirán unha achega da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para facer fronte aos gastos de desprazamento.

Efrén Castro felicitounos polo “traballo feito para conseguir un oco entre a elite do taekwondo mundial” e trasladoulles “o apoio da área de Deportes de cara a cita en Corea”.