Skip to main content
Comarca SARRIAXA

O Camiño de Santiago con Correos presentou en Sarria a iniciativa #CaminoSostenible

Por 30 Abril, 2022Sin comentarios

O Camiño de Santiago con Correos presentou en Sarria xunto á Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés a iniciativa #CaminoSostenible, que convida aos peregrinos a cambiar pequenos hábitos co fin de cumprir coa Axenda 2030.

Ao acto acudiron os alcaldes dos 11 concellos galegos do Camiño Francés: Concello de Arzúa, Concello de Melide, Concello de Monterroso, Concello De O Pino, Concello de Palas de Rei, Concello de Paradela, Concello de Pedrafita do Cebreiro, Concello De Portomarín, Concello de Samos, Sarria y Concello de Triacastela.

O reto consiste en levar a cabo pequenas accións ao longo do Camiño de Santiago que axuden a conseguir un futuro mellor. Apostando por un consumo responsable, que sexa respectuoso co medio ambiente pero tamén solidario cos territorios e as persoas do planeta.

Outra das medidas que propoñen dende Correos é a de apostar polo consumo de produtos de temporada e de proximidade, co que se axudará a reducir a pegada ecolóxica, ademais de apostar polas tendas e os pequenos comercios das zonas polas que se pasen. Desta forma estarase a contribuír o crecemento e o desenvolvemento das zonas nas que se asentan, axudando na loita contra a despoboamento.