Skip to main content
Láncara

A rectoral de Traslite, as vías do tren e a toma de posesión de Diego Balboa eixos do pleno de Láncara

Por 4 Abril, 2022Abril 5th, 2022Sin comentarios

O Concello de Láncara aprobou na última sesión plenaria a inversión de 284.000 euros das arcas municipais de remanente da tesourería para financiar as obras de urbanización do acceso ao polígono e ao alumeado de Toldaos, San Vicente e Souto da Lama.

O partido popular aproveitou a reunión para solicitar a creación dun área de autocaravanas nos terreos que ocupou o tren, o goberno non descarta a creación da mesma pero noutra zona do Concello, xa que as antigas vías do tren xa ten un proxecto e este tería que ser modificado se se quixera incluír a área de autocaravanas.

Ademais, tamén reclamaron a mellora dos camiños na zona de Galegos e preguntaron por uns pagos de 5.300 euros que se destinaron ao arranxo de desbrozadoras.

Pola súa parte, o BNG abstívose na votación da acta da anterior sesión plenaria e na súa quenda interesouse polas facturas de máis de 20.000 euros que están pendentes de abonar a Bascuas. Os nacionalistas tamén preguntaron sobre a rectoral de Traslite obtendo como resposta que existe a intención de comprala para o uso dos veciños.

Esta sesión plenaria serviu tamén para darlle a benvida ao novo concelleiro Diego Balboa Amado, veciño de Bande. A súa toma de posesión converteuno no concelleiro máis novo da corporación con tan só 25 anos.