Skip to main content
Láncara

Nova actividade de ocio para a veciñanza de Láncara

Por 13 Abril, 2022Abril 14th, 2022Sin comentarios

A Asociación Val de Láncara organiza unha sesión vermut esta fin de semana. Esta nova iniciativa busca volver a normalidade tras dous anos de paralización. Este grupo de veciños de Láncara encárgase de organizar de novo actividades que axuden a dinamizar a vida social dos veciños da vila. Desta forma, o vindeiro domingo 17 de abril, a Carballeira acollerá unha sesión vermut.

A cita comezará ás 12.30 e contará coa actuación da banda de música e baile da Asociación Cultural Val de Láncara.

O grupo está a retomar a actividade pre-pandémica e por iso, durante estes días está levando a cabo diferentes actividades infantís como o contacontos ou o obradoiro de manualidades, tamén forma parte da festa do mexillón que terá lugar o venres 15 de abril e continúa cos festexos con esta sesión vermut o domingo.

ASOCIACIÓN VAL DE LÁNCARA
No ano 1992 nacía a Asociación Cultural Val de Láncara, co ánimo de dinamizar a vida social e cultural do municipio. O éxito de eventos como a malla ou a entrega de premios ‘Facer país’ deron forza a este colectivo que, en plena pandemia, apostaba por renovar, por vez primeira, a súa directiva. Un grupo de mozos e mozas tomou o relevo coa idea de manter o legado dos seus antecesores.