Skip to main content
Láncara

Os rapaces de Láncara teñen unha cita hoxe na antiga escola da vila con Tarabela Creativa

Por 14 Abril, 2022Sin comentarios

Os rapaces de Láncara teñen unha cita hoxe na antiga escola da vila con Tarabela Creativa. Ás 18.00 horas haberá unha sesión de contacontos “Astrolabios” que terá un custe de 5 euros para os non socios da Asociación.

Para participar nesta actividade é preciso realizar previamente unha inscrición enviando nome completo a asociacionvaldelancara@gmail.com.

O conta contos a cargo de Tarabela Creativa levará aos nenos “Astrolabio”. É unha palabra que vén do grego e que significa “buscador de estrelas”. E durante unha hora completa os rapaces convertiranse en buscadores de estrelas nunha viaxe ao espazo exterior… Nesta sesión de contos farán un percorrido para coñecer o ceo dende as diferentes culturas, mitos e lendas da Terra. Grazas a elas saberán onde queda o norte, aprenderán sobre algún planeta, descubrirán como se di que se creou este no que vivimos nós. Entenderán as fases da lúa, para que serviron no seu día os eclipses, que a Vía Láctea é en realidade o camiño das estrelas e que estas reúnense en constelacións que verán co telescopio. Baixarán a lúa do ceo, terán o Sistema Solar completo nas mans e mesmo verán nebulosas de preto.

TARABELA CREATIVA
Tarabela Creativa está formada por Carme Conde que se encarga do gruion e da dramaturxia, experta en narración oral e produción e, Diego Gallego que destaca na produción executiva, xestión comercial e marketing dixital.