Skip to main content
Sarria

A vila sarriá prepárase para retomar a Feira de San Isidro en maio

Por 4 Abril, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Concello de Sarria está a preparar a 32 edición da Feira de San Isidro que non se celebra dende o 2019 a causa da Covid. A celebración deste evento terá lugar os días 28 e 29 de maio.

Habitualmente esta festa tiña lugar no fin de semana máis próximo ao 15 de maio que é o día de San Isidro. Porén, para evitar coincidir con outras celebracións e garantir así a presenza dos veciños decidiuse aprazar un pouco máis a data desta festa. A axenda da comarca está eses días moi ocupada xa que os días 7 e 8 será a Feira de San Lázaro de Antigüidades e Restauración, o 15 terá lugar o San Isidro de Paradela mentres que o 21 e 22 se celebra o mercado de Pedrafita do Cebreiro.

Esta festa encárgase de poñer en valor dous campo moi explotados na comarca que son a gandaría e a agricultura, por iso, o programa deste evento xira en torno a estes onde se celebrará unha poxa de gando frisón e unha exposición de maquinaria agrícola.

A última vez que tivo lugar esta festa foi no ano 2019, nese tempo ocupou o fin de semana. Puxéronse á venda 19 exemplares de frisón, houbo unha misa, unha procesión, unha degustación gastronómica e diferentes mostras de maquinaria e produtos artesáns, todo isto amenizado con actuacións musicais.