Skip to main content
Sarria

ACES Sarria asinou un convenio cunha operadora de telecomunicacións

Por 26 Abril, 2022Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria ( ACES) asina un novo convenio, nesta ocasión coa operadora de telecomunicacións XFERA MÓBILES SAU (YOIGO), a través do comercio asociado YOIGO Sarria.

ACES asinou a semana pasada, o martes 19 de abril na sede de ACES, un convenio de colaboración coa empresa de telefonía. En virtude deste acordo, os socios da ACES terán condicións vantaxosas se contratan os seus servizos, en concreto, beneficiaranse dunha porcentaxe de desconto en todas as súas tarifas, acumulable á oferta existente e para sempre.

A empresa é unha operadora de telecomunicacións que presta os seus servizos destinados a empresas e outros operadores en España. Con este acordo, os asociados da ACES contarán con tarifas melloradas á hora de contratar os seus servizos de telefonía.

O acordo foi asinado polo presidente da ACES, Ricardo Arias Alvaredo, e por Natalia Rodríguez, xestora da zona norte da devandita empresa, así como o propietario do comercio de telefonía en Sarria, José Luis Chaos.