Skip to main content
A Pastoriza

Imparten na Pastoriza un curso de nutrición

Por 11 Abril, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A casa da cultura da Pastoriza acollerá o martes 19 de abril un curso de Alimentación e hábitos saudables, organizado en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns e dirixido a pacientes, familiares e cidadanía en xeral.

O curso terá lugar entre as 16.30 e as 20.30 horas e estará a cargo da nutricionista Susana Viso González.

No programa tocaranse temas como a diferencia entre alimentación e nutrición, os cambios orgánicos no proceso de envellecemento, a dieta equilibrada e a pirámide da alimentación, así como as normas básicas de seguridade alimentaria e preparación de menús.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse nos Servizos Sociais do Concello, chamando ao teléfonon 982 332 197 ou na páxima web da Escola de Saúde.