Skip to main content
As Pontes

As Pontes abre o prazo para os campamentos deportivos da Deputación

Por 24 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes ten aberto o prazo dos campamentos deportivos organizados pola Deputación da Coruña no IES Rosalía Mera entre o 26 de xuño e o 1 de xullo.

Os campamentos están dirixidos á rapazada de entre 9 e 14 anos, nada entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013.

As persoas interesadas poden inscribirse, ata o día 20 de maio, no departamento de Deportes, ubicado na primera planta da Casa Consitorial.

Xunto á ficha de inscripción debe achegarse a Fotocopia do carnet de identidade ou libro de familia, a copia do aboamento da cota de inscrición e no caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentario ou doutro tipo.