Skip to main content
As Pontes

Once empresas optan ás obras de mellora da AG-64

Por 22 Abril, 2022Sin comentarios

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu 11 ofertas de empresas para executar as obras de mellora do firme na AG-64, ao seu paso polos concellos de Narón, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes, cun investimento de case 1,5 M€.

A intervención céntrase no acondicionamento e rehabilitación do firme nos primeiros 40 quilómetros desta autovía que une Ferrol e Vilalba, de cara a mellorar a seguridade viaria. Os traballos conta cun prazo de execución de seis meses.

As obras desenvolveranse entre os puntos quilométricos 0+000 e o 39+790 e centraranse na reparación do firme que se atope en mal estado, coa mellora da capa de rodadura, así como das condicións de adherencia.

Nesta actuación inclúense, ademais, obras complementarias de mellora de drenaxe nos puntos onde sexa necesario. Tamén se renovará a sinalización vertical e horizontal nas zonas nas que estea deteriorada.

A execución das obras compatibilizarase co mantemento do tráfico da autovía, co obxectivo de minimizar as molestias na circulación nesta vía de alta intensidade de tráfico, na que unha parte importante son vehículos pesados.

A Xunta continúa traballando na mellora e conservación da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas seguras e eficientes.