Skip to main content
Vilalba

O concurso de tapas de Vilalba xa ten gañadores

Por 10 Abril, 2022Sin comentarios

A Asociación de Empresario Sete Pontes de Vilalba deu a coñecer os gañadores do concurso de tapas vilalbés, realizado con motivo da Feira do Queixo de San Simón da Costa, que tivo lugar a fin de semana pasada.

Así, na categoría de tapa creativa o gañador foi o Parador de Vilalba, que competiu polo título co Hostal O Cristo, Spa Attica21 e Mesón do Campo. Pola contra, o gañador desta categoría para o público foi o Hostal O Cristo.

En tapa tradicional tampouco houbo acordo. O xurado escolleu ao Mesón Xaquinas mentres que o público preferiu Casa Maragata. Tamén quedaron finalistas nesta categoría Bar Trébol e Café Centro.

A data de entrega de premios aínda non se coñece pero será proximamente na casa da cultura vilalbesa.