Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

O libro A Super_Acción de Mauricio normaliza as enfermidades mentais co mundo mariño

Por 24 Maio, 2022Maio 25th, 2022Sin comentarios

A Asociación de Saúde Mental A Mariña ao abeiro do proxecto Sabores do mar, saboreando a vida e a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal vén de crear o libro A Super_Acción de Mauricio, que foi presentado onte oficialmente.

Alí a responsable autonómica do Mar, Rosa Quintana destacou que este conto constitúe a primeira obra literaria sobre saúde mental en Galicia e que está creada integramente por persoas con enfermidade mental. Neste sentido, puxo en valor que se trata dun “canto á diversidade” e que supón todo un exemplo para os máis pequenos. 

A Super_Acción de Mauricio é a historia dun rapaz de Viveiro que embarca en Burela para a captura da pescada e que, estando en alta mar, sofre un brote psicótico e comeza a falar co peixe. 

Nace co obxectivo de normalizar o padecemento dunha enfermidade mental e eliminar prexuízos ao mesmo tempo que se enxalza o mundo mariño e a calidade dos seus produtos.  “É a posta en valor do noso mar como o escenario perfecto para sensibilizar sobre os coidados que precisa a nosa mente e abordar un tema considerado aínda tabú que é preciso visibilizar”, destacou Rosa Quintana.