Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAMondoñedo

Mondoñedo volverá acoller o campus de verán da Fundación Celta

Por 15 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo acollerá o Campus de Verán da Fundación Celta que terá lugar entre os días 11 e 15 de xullo de 2022 no Campo Viñas da Veiga de Mondoñedo.

O campus desenvolveranse desde as 9.45 ata as 13.45 e a actividade está destinada a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e inclúe equipamento Adidas. As inscricións están abertas desde o 9 de maio. Ademais todos os rexistrados antes do 6 de xuño recibirán de agasallo unha botella de aluminio -de 600 ml para a auga-, conmemorativo do 25 aniversario da Fundación Celta.

Para inscripcións e máis información www.rccelta.es