Skip to main content
Xove

Xove reanuda a campaña de recollida solidaria co pobo de Ucraína

Por 6 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Xove reanuda a campaña para apoiar ao pobo de Ucraína coa que se pretende recoller materiais de primeira necesidade co fin de de axudar a paliar todas as carencias que neste momento están a sufrir millóns de ucraínos pola guerra derivada da invasión rusa.

O punto de recollida de todos os productos vai estar no centro cívico de información xuvenil de Xove, aberto diariamente  de luns a sábado, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. A campaña vai comezar o luns 9 de maio e rematar o luns 6 de xuño.

Dentro dos produtos que se piden, pódese colaborar con alimentos non perecedoiros, enlatados, roupa para adultos e infantil térmica, mantas, sacos de dormir, produtos de hixiene e aseo como xeles, xabóns, esponxas, tampóns, compresas, toallñas; produtos sanitarios como gasas, vendas, tiritas, alcohol, produtos antisépticos, e produtos como pilas, cerillas, chisqueiros, lanternas,…

“Lóxicamente cada un, segundo as súas posibilidades, pode ampliar esta relación de produtos como lle pareza, pero sempre pensando no destino dos mesmos”, din dende o Concello.

Engaden “pedimos a todos os nosos veciños que se volquen nesta campaña, que mostren toda a solidaridade que poidan, xa que é o momento de estar ao lado do pobo de Ucraína. Temos que axudar a que a crise humanitaria que xa están a padecer os ucraínos se reduza o máximo, temos que, na mediada do posible, tentar de aliviarlles o seu sufrimento”.