Skip to main content
Axenda Caducada

O IX Festival Histórico Augas Santas de Santo Estevo do Ermo de Barreiros será o 18 de xuño

Por 16 Maio, 2022Xuño 18th, 2022Sin comentarios

O sábado 18 de xuño celébrase o IX Festival Histórico Augas Santas de Santo Estevo do Ermo de Barreiros, así o confirmou a irmandade.

Polo momento non hai programa pero noutras ocasións a xornada comezou pola mañá cun mercado de artesanía, seguido por unha escenificación e misa solemne en honra a Santo Estevo.

Tamén houbo actuacións musicais durante todo o día e xantar típico destas celebracións e para rematar vodas celtas e queimada para pechar a xornada festiva.