Skip to main content
Lugo

Reportaxe: Que está a suceder coas licenzas urbanísticas en Lugo?

Por 7 Maio, 2022Maio 12th, 2022Sin comentarios

A area de Urbanismo do Concello lucense está a recibir multitude de queixas de empresarios, veciños e os demais grupos políticos da cidade. Este descontento xeneralizado ven dado pola lentitude coa que se realiza a tramitación das licencias urbanísticas. Isto supón unha paralización para a cidade, que atopa de forma continua e constante obstáculos para a instalación de novos proxectos empresariais, reformas que traen consigo melloras na calidade de vida dos veciños, etc.

A concesión de licencias ten como resultado unha economía en movemento, que atrae novas inversións na cidade outorgando maiores servizos con novas instalacións de actividades comerciais, novos postos de traballo, maior fixación de poboación na zona, maior oferta nos servizos, etc.

Cando un cidadán solicita unha licenza, faino cun fin concreto que supón unha ganancia, pode ser a habilitación dun ascensor nunha vivenda, a reforma dun espazo ou a construción dun novo. Polo que a tardanza afecta de maneira persoal, económica e laboral a diferentes eidos da sociedade lucense.

A concesión de licencias na actualidade está a supoñer dous problemas principais ás persoas afectadas, xa sexan empresarios ou particulares. Os prexudicados afrontan un primeiro obstáculo no momento de solicitar a licencia de obra, que arrastra tempos prolongados de espera, carrexando outro tipo de desafíos como a solicitude de préstamos, que se teñen que prorrogar ata materializar a licencia, provocando grandes problemas de financiamento. Unha vez superados estes obstáculos, chega o segundo reto, cando finaliza a obra, hai que pedir a licencia de primeira ocupación, o que se materializa en varios meses de espera máis, paralizando proxectos e a economía.

Actualmente, en zonas urbanas o tempo medio de espera achégase aos dous anos, mentres que eses prazos en zonas rurais vense incrementados.

Foi por iso que en maio de 2021, os populares solicitaron un informe ao goberno que esclarecera os tempos nos que se están tramitando as licencias e poder coñecer o estado real deste servizo. Naquel momento os do PP defenderon que “non se pode pedir unha política útil á oposición cando unha das primeiras decisións que toma é negarnos o acceso á información”. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide facía esta reflexión logo de que “o responsable de urbanismo se negase a facilitar os datos sobre o número de licenzas de obra sen resolver”. A petición que se cursou por escrito o pasado día 22 de abril do 2021 respondeuse o venres 29 de abril seguinte e, nela, indicábase que a información solicitada “non se obtén automaticamente” polo que “non procede acceder ao solicitado”.

Os populares consideraron naquel momento que “esta resposta escurridiza vén motivada porque algo teñen que ocultar”. Por este motivo o vicevoceiro popular solicitou “ao interventor que en aras á transparencia, medie para que os socialistas recapacite e permita o acceso á información”.

Para os populares esta negativa a aportar documentación das licenzas de obra pendentes de resolver so podía significar dúas cousas: “A primeira que ocultan a información porque son un despropósito todos os expedientes atascados que hai en urbanismo, e en segundo lugar, que non lles interesa achegar os datos porque queren seguir practicando a política do armario onde se poderían mover de forma arbitraria”.

Tras este rogo, o Concello impulsou unha nova ordenanza reguladora das licenzas urbanísticas que debería estar en funcionamento a finais do ano 2021, e que polo momento, aínda non se puxo en marcha.

A área de Sostibilidade Urbana anunciou entón a elaboración dunha Ordenanza reguladora das licenzas urbanísticas. Un documento que pretende ser o marco normativo de referencia, para Administración e administrados, harmonizando e unificando os criterios que rexerán a tramitación dos títulos habilitantes de obra e actividade no Concello de Lugo.

Até a data, os diferentes servizos que integran a área están a basear as decisións técnicas que se adoptan en leis de rango superior sen que, na actualidade, exista unha regulación integral que dea cobertura á necesidade de homoxeneizalas, concertándoas ademais coa ordenación urbanística e sectorial e coa casuística local. A creación deste documento propiciaría a axilización dos procedementos, mellorando o funcionamento municipal e diminuíndo os tempos de resposta ás solicitudes das persoas interesadas

Ademais, a entrada en vigor da nova ordenanza amparará as licencias urbanísticas de primeira ocupación, de segregación, cambios de titularidade da actividade, comunicacións previas de obras e declaracións responsables de actividades.

Despois deste anuncio en maio de 2021, en novembro dese mesmo ano realizáronse cambios na tramitación das mesmas para axilizar o proceso. Desta forma en canto se recibe no servizo de Licenzas unha solicitude, este solicitará a Arquitectura e a adxuntía da xefatura de enxeñaría que emita os seus informes, podendo redactarse de maneira simultánea e independente. Esta independencia manterase tamén cando Arquitectura e Enxeñaría precisen doutros documentos doutras seccións como topografía. Estes informes deberán estar listos en 10 días como máximo e, tras este tempo, poderán seguir coas súas intervencións. A excepción será os dictámenes que emitan Arquitectura e Enxeñaría, e da proposta de resolución de Licenzas, nos tres casos serán preceptivos.

Aqueles casos nos que un informe non sexa preceptivo, o servizo que o solicitou deberá deixar constancia do mesmo podendo incorporar un informe cláusulas propio que impida a denegación.

Outra das cuestións que se rexerán dende o urbanismo lucense e que permitirá simplificar os trámites burocráticos, cando os informes de Arquitectura e Enxeñería estean listos e sexa preciso resolver deficiencias, enviarase un só requirimento por escrito á persoa afectada ou promotor. Eles terán un mes para presentar de novo a documentación, no caso de que nese mes non estea xustificado, o procedemento caducará no prazo de tres meses. Se esa rectificación se fai de maneira insuficiente a licenza será denegada, finalizando así as demoras prolongadas que impiden concluír os expedientes de maneira definitiva o que prolonga o tempo medio de tramitación de licenzas.

Esta nova instrución implantouse para reducir os tempos dos procedementos, permitindo ás tres areas traballar de maneira simultánea.

Malia a implantación deste nova forma de tramitar as licenzas, en marzo do presente ano, o PP fixo público de novo os datos actualizados das licenzas. Onde estaban pendentes de resolver 206 licenzas en diferentes fases de tramitación (correspondéndose 2 ao ano 2019, 35 ao ano 2020, 116 ao 2021 e 53 ao 2022).

Este bloqueo de licencias frea as contratacións directas relacionadas con gremios vinculados ao sector da construción (electricistas, pintores, escaiolistas); en segundo lugar, afecta ás empresas e negocios vinculados coa equipación (tendas electrónica, mobiliario…). O terceiro lastre é o que repercute sobre o emprego indirecto xa que dentro dos expedientes pendentes de resolución hai casos de ampliación de empresas, novos negocios, ampliacións de naves…

Os populares recriminaron “a soberbia do equipo de Lara” con respecto á nova ordenanza para as licenzas que elabora o goberno local. “Solicitamos por escrito unha copia e a súa contestación é que “manifesta extemporaneidade do solicitado”. Dende o grupo maioritario da corporación non comprenden os motivos polos que se negan a tender pontes xa que “se queren un respaldo maioritario a unha ordenanza o lóxico é falalo antes de que a presenten”. “Está claro que o seu ego lles impide sentarse a negociar e iso vailles pasar factura” manifestou Ameijide. “Co doado que sería sentarse nunha mesa e chegar a consensos en beneficio dos veciños e veciñas de Lugo”.

Así, a principios do mes de abril, o Concello fixo un balance das licenzas tramitadas no longo deste tempo afirmando que dun total de 889 solicitudes de obra maior realizadas ata a data, se encontran en diferentes fases de tramitación, pendentes de resolver, 215 expedientes (o 24’18%), mentres que as 674 restantes xa están finalizadas. Deses 215 expedientes que se están a tramitar pero que aínda non finalizaron, correspóndense 2 deles ao ano 2019, 33 ao ano 2020, 111 ao 2021 e 69 ao 2022.

No 2021 resolvéronse o 98’28% das comunicacións urbanísticas, o 95’28% das comunicacións de obra con actividade e o 84’26% dos cambios de título con actividade solicitados.

O Partido Popular non é o único grupo que presenta a súa desconformidade e descontento ante esta situación xa que a APEC (Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo) mostra a súa preocupación ante esta lentitude que pode chegar a supoñer a perdida de subvencións á rehabilitación ao non poder cumprir cos prazos establecidos.

Ao preguntarlles en que afecta esta situación a APEC, responde “afecta a cuestións tan fundamentais como o financiamento, porque este non é posible sin a licencia. Ademais, tamén implica un trastorno notorio descoñecer en que momento se obterá a licencia o feito de que toda obra precisa subcontratar a execución de elementos tales como a fontanería ou a electricidade e non é posible determinar en que momento vai ser posible requirir os servizos dos subcontratistas” continúan. “O mesmo ocorre cos materiais. É imposible establecer unha planificación ordenada da actividade porque se descoñece en que momento se obterá a autorización. Isto xera, ademais, unha desconfianza por parte do promotor da obra fronte ao construtor, porque é difícil de explicar que unha licenza poida tardar tanto tempo”. Este non é o único problema xa que polo que se refire as licencias de primeira utilización, que son as que autorizan o edificio unha vez está terminada a obra, “o prexuízo é moi notable porque non se poden escriturar as ventas e, mentres tanto, corren os intereses do crédito do promotor, ademais, do evidente prexuízo ao comprador, que terá que seguir afrontando os gastos derivados da falta de dispoñibilidade da vivenda adquirida. Alquileres, por exemplo”.

A agrupación afirma ao preguntarlles pola devandita reorganización do traballo levada a cabo no mes de novembro de 2021 que “non se aprecian os resultados”. Así a maior problemática radica na incerteza, “un empresario necesita obter a súa licencia nun prazo razoable, a ley marca tres meses. O certo é que se houbese unha maior axilidade, as empresas poderían planificar mellor a súa actividade e isto implicaría a posibilidade de incrementar a carga de traballo e contratar traballadores.”

Algunhas solucións levadas a cabo polos profesionais do sector, é a recomendación aos interesados en realizar algún novo proxecto, facelo en concellos achegados a Lugo que teñen mellores tempos de tramitación como son Begonte, Friol ou Guntín no que a obtención de licencia é de menos dun mes. Isto non sería necesario se o tempo na tramitación de licencias en Lugo fose o adecuado, perdendo así oportunidades de negocio, mellora e fixación de poboación.