Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo realizará novos cambios de tráfico na rúa Alba

Por 9 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo realizará novos cambios de tráfico que se executarán na contorna da rúa Alba. Así o informou hoxe o edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, quen explicou que “con estes cambios buscamos dar maior fluidez ao tráfico da zona, ao mesmo tempo que aumentamos a seguridade peonil nestas vías”.

Dende a Concellería de Infraestruturas Urbanas comezarase a executar o pintado da nova sinalización horizontal esta semana.

CAMBIOS

O treito de Flor de Lirio entre a rúa Juana La Loca e Rei Chiquito en sentido único (nese sentido de percorrido). Rei Chiquito, entre Flor de Lirio e Mar Cantábrico, quedaría en dobre sentido, tal como está agora, mentres que entre Flor de Lirio e a Rúa Alba quedaría de sentido único (nese sentido de percorrido). A Rúa Alba, no treito entre Rei Chiquito e Flor de Lirio quedaría en sentido único (ese sentido de percorrido).