Skip to main content
Lugo

A AECC saca mañá ás rúas as súas mesas de peditorio

Por 11 Maio, 2022Sin comentarios

A asociación Española Contra o Cáncer (AECC) inicia mañá un movemento social para seguir aumentando a supervivencia a esa endermidade. Baixo o lema Fai da loita a túa bandeira e co hashtag en redes sociais #Bandeiracontraocantro, a asociación quere implicar a toda a sociedade neste movemento, cuxo símbolo é unha bandeira que se izará mañá, xoves, 12 de maio a partir das 9.30 na sede que a asociación ten en Lugo.

Ademáis, mañá da comezo tamén o tradicional peditorio, día no que a asociación sae ás rúas da capital para recaudar fondos para a investigación oncolóxica e para o apoio a pacientes e familiares. Este día celébrase cada ano o segundo xoves de cada mes de maio.

Actualmente a AECC apoia a máis de 1.000 investigadores en 525 proxectos abertos que investigan o cancro por un total de 92 M€, manténdose como a entidade que maior impulso dá á investigación oncolóxica.

A Asociación Española Contra o Cancro celebra o Peditorio en Lugo mañá de 10:00 a 14:00 h con 21 mesas e con máis de 100 persoas voluntarias repartidas en distintos puntos da cidade. Ademais, tamén se pode contribuír de maneira dixital a través de https://colabora. contraelcancer.es/ cuestacion, enviando un SMS ao 28014 cáncerlugo (doazón 1,20€) ou un BIZUM co código 11244 con concepto: Lugo.