Skip to main content
Lugo

Kee Avil, en concerto mañá no Vello Cárcere de Lugo

Por 20 Maio, 2022Sin comentarios

A área de Cultura do Concello de Lugo organiza para este sábado un novo concerto dentro do ciclo Liberdades Sonoras.

Guitarra, voz, electroacústicas e electrónica cunha gran exploración das diferentes arquitecturas compositivas para crear cancións dunha gran sensibilidade estrutural, con detalles crecentes e intensos. Iso é Kee Avil a artista que estará mañá no Vello Cárcere amosando a súa arte dende as 20.30 horas.

O concerto ponse en marcha grazas a Work on Sunday e Clap Club Lúdico de Arte y Patafísica. Todo, co apoio da área de Cultura.