Skip to main content
Lugo

A xestión da Fábrica da Luz volve mañá ao pleno lucense

Por 25 Maio, 2022Sin comentarios

Xornada de pleno, mañá, no Concello de Lugo, e os grupos xa avanzaron algunhas das medidas que levarán á sesión. Así o PP pedirá o apoio da corporación para que sedea cumprimento ao acordo de pleno de xuño de 2020, para impulsar que “sexan os políticos culpables de perder la concesión da Fábrica da Luz os que devolvan os seus cartos aos lucenses”.

Os populares lembran que o Concello pagou, con fondos municipais, 2,4 millóns de euros. Un feito que o partido tilda de “neglixente” e cualifica como un “ruinoso negocio” para a cidade.

Asemade, os populares critican o último anuncio feito polo goberno local en torno a esta infraestrutura: recuperala cun proxecto turístico de enogastronomía. Din que esta solución de alcaldía pode ser unha “cortina de fume para tapar o fiasco da xestión e as cacicadas da adxudicación”.

Entre outros temas, o PP tamén elevarán a pleno o debate para mellorar a seguridade viaria e humanizar unha das principais entradas a Lugo. Falan así dun treito da N-VI, o que transcorre dende a Ponte Branca ata a rotonda coa Avenida de Madrid. Para iso, os populares piden que o concello solicite a titularidade deste treito.

Os populares tamén levarán varios rogos, para garantir que as consultas que se fagan reciban resposta por escrito “para evitar os bailes de criterios”; tamén reclamarán, entre outros puntos, que se limpe a parcela do auditorio e retiren o valado do seu redor.

Pola súa banda, a formación de Cs Lugo anunciou hoxe que proporá a creación da figura do Valedor da veciñanza para que Lugo “se instale de forma definitiva nos estadares de transparencia e participación do século XXI”.