Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo traballa na mellora das zonas verdes

Por 26 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo está a rozar e acondicionar os parques de Marcos Cela e Paxariños, así como as zonas verdes do polígono industrial das Gándaras. A área de Medio Ambiente, encargada de executar estes traballos, dedica aos mesmos 18.000 euros.

O responsable de área, Miguel Fernández, informou que os traballos arrincaron xa no parque Marcos Cela (35.000 m2), que consistirán fundamentalmente, na sega da herba de forma manual con motodesbrozadora e na retirada dos restos vexetais e árbores caídos, así como a poda de arbustos e as ramas máis baixas do arboredo.

A área de Medio Ambiente contratou estas tarefas por separado “xa que ningún destes espazos aparece contemplado na concesión actual para o mantemento dos xardíns municipais”. Así, segundo explicou Miguel Fernández, “foi preciso elaborar unha proposta de gasto para poder executar estes traballos”.

Logo de acondicionar á zona verde da Volta da Viña, en vindeiros días os traballos se executarán en Fontiñas e no polígono industrial das Gándaras.