Skip to main content
Monforte

Monforte recupera o seu Festival das Letras Galegas

O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa concellería de Cultura, conmemorará o Día das Letras Galegas deste ano 2022, que está adicado ó poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

Deste xeito, tras dous anos de ausencia por mor da pandemia da Covid-19 o Concello recupera o Festival Letras Galegas 2022, que terá lugar o martes 17 de maio na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a partires das 19.00 horas.

O festival musical, dirixido a todos os públicos e de carácter gratuíto, contará coas actuacións dos seguintes grupos:

  • Coral Polifónica da Escola de Música do Concello de Monforte
  • Grupo de Gaita do Concello de Monforte