Skip to main content
O Incio

O Incio desfruta das súas festas patronais

Por 6 Maio, 2022Maio 8th, 2022Sin comentarios

A pancetada a partires das 21.00 horas dará o pistoletazo de saída este venres 6 de maio ás Festas da Cruz en O Incio, que volven despois do obrigado parón provocado pola pandemia.

A primeira das tres xornadas festivas adicadas á honra da súa patrona, Santa Cruz, continuará coa actuación do grupo pontevedrés Claxxon, unha formación fundada no 2011 e que fai un recorrido pola música pop e rock dende os anos 70 ata actualidade, aportando ademáis a súa propia esencia.

As festas patronais de O Incio, que se celebran tradicionalmente o primeiro fin de semana do mes de maio, continuarán o sábado cunha sesión vermú, unha festa e a posterior e obligada verbena amenizada polos grupo asturiano Nostalgias e pola formación coruñesa Grupo Lume.

Os tres días de celebracións adicadas a Santa Cruz pecharanse o domingo cunha nova sesión vermú na que volverá a actuar o grupo Nostalgias.

Durante as xornadas de festa non faltarán actos relixiosos, actuacións musicais e tempo de ocio coa veciñanza.