Skip to main content
O Incio

O abastecemento de auga no Incio xa está restablecido

Por 12 Maio, 2022Maio 13th, 2022Sin comentarios

Despois de a que primeira hora da tarde do mércores 11 de maio os veciños de varias parroquias do Concello do Incio quedaran sen auga pola rotura dunha tubaxe na rede de abastecemento xeral de auga en Rubián de Cima, o bo e intenso traballo dos operarios municipais provocou que o servizo quedara hoxe xa perfectamente restablecido.

Nada máis producirse a desgraciada incidencia, varios operarios municipais do Concello do Incio puxéronse mans á obra para tratar de reparar a rotura o antes posible.

A última hora da noite o servizo quedara xa restablecido pero os técnicos municipais continuaban a purgar a rede de abastecemento despois da incidencia da tarde polo que a auga da billa podía saír con aire nalgúns fogares. As operacións de purgado continuaron ao longo da mañá antes de dar por solucionada completamente a avería.

As parroquias afectadas polo corte do suministro de auga foron, entre outras, a propia Rubián de Cima, onde tivo lugar a rotura da tubaxe na rede de abastecemento xeral, e A Cervela.