Skip to main content
Cultura SARRIAXASarria

Entrevista David Rodríguez: “A asociación aporta un espazo de liberdade á vila e aos artistas”

Por 29 Maio, 2022Febreiro 13th, 2023Sin comentarios

A Asociación O Buril de Sarria organiza eventos e dinamiza a vida social e cultural da vila. Falamos con David Rodríguez López, tesoureiro e coordinador de eventos.

Como naceu a Asociación?

Asociación nace cando un conxunto de amigos que temos un grupo de música buscabamos local de ensaio, e apareceu o local do Buril por medio en aluguer e, claro, quen se pode negar? Vimos que tiñamos que darlle outra dimensión de local social.

Cales son os obxectivos da Asociación?

Como a maioría de asociacións temos varios obxectivos. Culturais: promoción da cultura de base e a creación independente, nos distintos campos do arte, música, teatro, danza, pintura, escultura, cine. Temos un apartado deportivo coa promoción de deportes minoritarios, como é a equipa de fútbol Gaélico mixto. E no apartado ecolóxico a parte de intentar contaminar o mínimo posible nas nosas actividades tivemos algunha charla de concienciación. E algunhas ocasións quedamos no club gastronómico e organizamos algunha comida entre os membros de este club.

Que actividades ofrecedes?

As actividades son as que vaian xurdindo no momento a petición de socios e fans. Agora mesmo temos unha ampla programación de música en directo, temos pendentes varias proxeccións de películas documentais.

Como se mantén viva unha Asociación destas características?

Tódalas asociacións que están vivas e non son unha estafa (que hai moita) mantéñense vivas porque a masa social quere que a asociación siga viva. O poder dunha asociación é directamente proporcional ao poder e implicación da sua masa social. Despois hai todo tipo de “chiringuitos” dependentes das institucións públicas que non fan case actividades e reciben miles e miles de euros en subvencións directas e opacas.

En Sarria hai unha gran proliferación de bandas e asociacións musicais a que cre que se debe? Que lles diferencia das outras asociacións musicais da vila?

Por un lado é bo, porque indica que hai moita xente interesada na música, pero por outro demostra a pouca saída que ten un músico hoxe en día no mercado laboral.

Que aporta a asociación a Sarria?

Un espacio de liberdade.

Como afectou ao Buril a covid19? E en relación aos socios?

O maior problema que tivemos nos foi o recorte de liberdades básicas acontecido, unha privación da liberdades individuais como nunca antes pensaramos que se ia a dar, e menos en tempo de paz, e todo para que agora os positivos nin sequera estean de baixa. En relación aos socios ben, non tivemos casos por sorte.

Que destacaría da asociación? Considera que hai algún punto negativo ou algo para mellorar? Como se organizan as actuacións quen se pon en contacto con quen?

Os grupos que queren vir a actuar no Buril póñense en contacto con nos a través do correo ou das redes sociais, mándannos unha mensaxe, vemos a viabilidade loxística da actuación, dispoñibilidade de datas e esas cousas e dámoslle para adiante.

No Buril as negociacións son fáciles pois para todo o mundo é igual. Poñen unha entrada que se leva o grupo/organizador do evento e nós poñémoslle o mantido e as instalacións.

Cal foi o momento máis complicado da asociación?

Cando non se podía usar por imperativo legal, e a luz seguía pasando e a auga e lixo seguían pasando o seus recibos, e non se sabía nin se si, nin se non. Foron tempos difíciles.

Ten algunha preferencia por algún tipo de música?

Eu persoalmente si, pero non cho vou dicir. A asociación non. No Buril todo o que sea underground, contracultural ou alternativo ten cabida. Aquí non escoitarás as cancións de moda, aquí so as cancións dos grupos que veñen por aquí que nos teñen cedidos os dereitos de difusión.

Senten o apoio das administracións públicas?

Cero, e prefiro non entrar máis en detalle.

Estase a notar a volta á normalidade?

Sartenazo Cerebral, un amigos do Buril fixeron e tocaron aquí un tema que o define perfecto. -”la vieja y la nueva normalidad la misma mierda con distinto collar”.

Como chegou a asociación?

Pois a asociación chega porque un mínimo de tres persoas fan unha reunión, redactan uns estatutos e lévanse á Xunta de Galicia para a sua ratificación. A parte de ser un dereito constitucional o dereito a asociación.

Que principios motiva aos socios?

O principio de Anarquía e apoio mutuo.

Que beneficio ten ser socio da asociación?

Beneficio ningún máis traballo e máis responsabilidade.

Que hai que facer para ser socio?

Para ser socio hai que colaborar activamente na asociación aportando traballo e medios de produción. Paralelamente temos a figura do fan. O fan colabora pero non ten poder de decisión nin responsabilidade organizativa.

PRÓXIMOS EVENTOS

  • Sábado 23 de abril: Doctor Snob
  • Sábado 30 de abril: Correcaminos rock and roll
  • Venres 6 de maio Ajjeb + Battosai
  • Sábado 7 de maio: Silly sally + Materia muerta + Fire to the barn + Killin bananas
  • Sábado 14 de maio: Balmog
  • Luns 16 de maio: Improvisons
  • Venres 20 de maio: Two step flow
  • Sábado 21 de maio: Doen
  • Sábado 28 de maio: Maskarpone + Liviao de Marrao + A cadela asasina
  • Sábado 11 de xuño: Dresden