Skip to main content
Axenda CaducadaOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O circuíto de Outeiro de Rei acolle o VF Challenge Moto Race

Por 5 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

Esta fin de semana terá lugar no circuíto de Outeiro de Rei a segunda proba da VF Challenge MR, que tivo unha xornada inicial nas Pontes hai un mes. Volverase ver a pelexa entre Fran da Silva e Edu Saavedra en minimotos, entre Jorge Avila e Roberto Sampayo en Pitmotard adulto ou entre Nicolás Barreiro e Marco Díaz en GP Sport 4t, por exemplo, unha proba puntuable para o campionato galego de minivelocidade.

A proba non terá restricións de público, aínda que si haberá control de acceso a paddock por seguridade e que este non se masifique. Durante a xornada do sábado desenvolveranse os adestramentos libres desde as 10:00 e ata as 18:15 horas, nos que arrincarán as primeiras quendas de adestramentos cronometrados ata as 19:30 horas. Xa o domingo, de 9:30 a 11:00, terá lugar a segunda quenda de cronometrados e a partir das 11:10 e ata as 15:30 disputaranse as carreiras. A entrega de premios está prevista para as 16:00 horas.

“Con números como os desta fin de semana (105 rexistrados coas inscricións aínda sen pechar), a algúns nos custa botar a vista atrás e lembrar o antigo circuíto de Robra en Outeiro de Rei. Dese óvalo, apenas queda o peche perimetral e a ilusión da xente e dun Concello que fixo rexurdir un karting que algúns tiñamos xa esquecido. O Circuito de Robra converteuse en referente da velocidade en Galicia: base da escola de pilotos BS21, cada fin de semana conta con actividade continua, o que se traduce nunha lista de rexistrados que leva tres anos pasando dos 100 pilotos por evento”, din dende a organización.