Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

Os cadetes do Pescados Rubén ascenderon a División de honra

Por 17 Xuño, 2022Sin comentarios

O equipo cadete do Pescados Rubén foi recibido no Salón de Plenos do Concello de Burela polo seu ascenso a División de honra. 

Asistiron a este acto o alcalde de Burela, Alfredo Llano García, o concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández Rey, e Manolo Blanco Fanego, Presidente do Pescados Rubén Burela. Primeiro entregaron uns detalles conmemorativos á plantilla e logo procederon a dar unhas palabras a este grupo de xogadores e corpo técnico que con tanto esforzo conseguiron un logro a alcance de moi poucos.

Alfredo Llano, en primeiro lugar destacaba que “ o que fixestes ten moito mérito” xa que co seu ascenso van conformar un dos equipos máis fortes da competición. En segundo lugar, o alcalde tamén defendía que  co deporte apréndense todos os valores da vida”, porque non soamente é disputar partidos, senon que hai moitas conductas e comportamentos positivos que se sacan na súa práctica. Animaba aos xogadores a “sacar o mellor deles mesmos, porque sodes unha motivación clara de outros que veñen detrais” e efectivamente, os logros conseguidos polo equipo significan que os das próximas xeracións queren acadar os mesmos triunfos. 

Manolo Blanco agradecía ao corpo técnico e xogadores o seu esforzo “o ascenso non se consegue en dous días, e un traballo a largo prazo”. Por outro lado, tamén animaba aos xogadores dicindo que “se seguen loitando a este nivel en tres anos poden chegar ao primeiro equipo” debido que xogando a este nivel todo é posible. 

Por último, Ramiro Fernández, arengaba aos xogadores para que “seguisen desfrutando do fútbol sala “ e tamén os animaba para seguir nesa dinámica  para que poidamos desfrutar deles no primeiro equipo.