Skip to main content
Cervo

A asociación Mulleres de San Ciprián retoma a súa actividade

Por 29 Xuño, 2022Xuño 30th, 2022Sin comentarios

A asociación Mulleres de San Ciprián retoma a súa actividade cunha viaxe de confraternidade á localidade de Cerdeira, en Portugal.

Trátase dunha iniciativa que viñan realizando con carácter regular antes da pandemia, e que se viu suspendida nestes dous anos por este motivo.

Esta viaxe, é o punto de partida que confirma o regreso desta asociación tan importante para o Concello de Cervo, que contribúe ao dinamismo do pobo, grazas ás múltiples iniciativas que programan ao longo de todo o ano e que tanto botabamos de menos.

Esta entidade tamén leva a cabo unha serie de actividades enfocadas a dinamización das socias, axudándolles a mellorar destrezas personales ou facilitando momentos de esparcemento. Para elo lévanse a cabo cursos, charlas ou actividades culturales e recreativas.