Skip to main content
O Vicedo

Aberto o prazo de inscrición para o vindeiro curso no PAI do Vicedo

Por 28 Xuño, 2022Xuño 30th, 2022Sin comentarios

Xa está aberto o prazo de inscrición no Punto de Atención á Infancia do Vicedo para reservar para o vindeiro curso 2022/2023.

Este período de inscrición estará aberto ata o 15 de xullo e o trámite deberá realizarse nas oficinas dos Servizos Sociais do Concello.

O Punto de Atención á Infancia está situado no Centro Multiusos do Vicedo e é un servizo diúrno de titularidade municipal cunha función social e educativa, coa finalidade de prestar unha atención de apoio aos pais, titores ou gardadores dos nenos e nenas entre 3 meses e 3 anos, e facilitar a conciliación familiar e laboral.

Conta con 18 prazas e dous monitores e abre en horario de luns a venres de 8.45 a 14.15 e de 17.00 a 19.00 horas.