Skip to main content
Xove

A ACD Xove organiza unha celebración polo seu XX aniversario

Por 7 Xuño, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural e Deportiva Xove ten previsto celebrar o próximo domingo 12 de xuño a clausura da tempada e a celebración do seu vixésimo aniversario.

Será unha xornada de actividades dirixida tanto a pais como a rapaces e poderán desfrutar dunha andaina pola ruta dos Muíños, un xantar campestre na área recreativa da Ponte do Carro e animación musical.

Ademais contarán con xogos populares como son os zancos, carreiras de sacos, tiro á corda, chave, raniña… inchables para os máis pequenos, e xogos deportivos para todas as idades.

As inscricions están abertas e para máis información pódese chamar ao teléfono 618 976 159 ou na web da asociación, www.acdxove.com.