A Deputación de Lugo xunto a outras seis entidades medio ambientais organiza para mañá, 11 de xuño, unha xornada de limpeza e recollida de lixo no municipio de Becerreá.
A actividade, coa que colabora, entre outros, Ecoembes e a Reserva da Biosfera Ancares Lucenses, dará comezo ás 10.00 horas con saída dende o Hostal Rivera da localidade.
A inscrición é de balde e para participar pódese inscribir no enderezo electrónico und.mediambiente@deputacionlugo.org.