Skip to main content
Lugo

Lugo mellora a súa accesibilidade coa construción da pasarela de Fontiñas

Por 9 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo continúa avanzando na mellora da accesibilidade das diferentes zonass da cidade. Así o lembrou hoxe o tenente alcalde e edil de Mobilidade, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, que amosaron a representantes dos colectivos vencellados coa accesibilidade, os avances realizados na construción da pasarela do Centro de Saúde de San Roque.

Arroxo explicou que “os traballos de construcción da pasarela están xa nas súas últimas fases”, e engadiu “hoxe pasouse a proba de carga, un dos últimos pasos antes de que a infraestrutura esté completamente rematada”.

A pasarela construída polo Goberno de Lugo une o comenzo da rampla que dá acceso ao centro médico coa parte alta da escalinata Primavera, pasando por riba da entrada do carril do xuízo, segundo o estipulado na normativa vixentes sobre accesibilidade e permitindo o paso de vehículos pola parte inferior. Isto permite conectar este centro de Saúde coa Rolda de Fontiñas sen ter que subir as costas, aproveitando o ascensor de Fontiñas.

A pasarela terá un gálibo de máis de 4 metros, permitindo a circulación de vehículos pola súa parte inferior, e ten unha lonxitude de 34,68 metros

Rubén Arroxo explicou que “desde a área de Mobilidade estudamos, desde a nosa chegada ao goberno, as distintas alternativas para darlle solución a este obstáculo, especialmente importante na unión do Centro de Saúde coa rúa Primavera e coa rúa Peña Anda, dando continuidade ao ascensor xa instalado e solucionando unha reclamación da veciñanza da zona”.