Skip to main content
Lugo

Lara Méndez participa nunha mesa redonda na V edición do Foro das Cidades

Por 16 Xuño, 2022Xuño 17th, 2022Sin comentarios

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participa hoxe na V edición do Foro das Cidades que se celebra dende en IFEMA (Madrid). A rexedora acode convidada polo NESI Forum, Fundación Global Hub for the Common Good de Nova Economía e Innovación Social -que busca a cocreación dunha nova economía ao servizo das persoas e do planeta-, falará na mesa debate Cidade 15 minutos e territorios 45 minutos sobre o modelo de cidade e urbanismo sostible que está a impulsar en Lugo.

Lara Méndez intervirá nunha mesa redonda sobre as interrelacións da realidade urbana e rural, xunto con Frances Boia, secretario xeral para o Reto Demográfico do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico; Mariano Fuentes, concelleiro de Urbanismo de Madrid, e Diego Isabel la Moneda, director do NESI fórum. O Coordinador xeral do PEMB – Plan Estratéxico Metropolitano de Barcelona, Oriol Estela; e a responsable da área Urbanismo para la Vida do Foro NESI, Beatriz Ramírez.

Esta nova edicion do Foro das Cidades conta con 50 mesas redondas englobadas en 24 sesións temáticas e catro eixos de debate: Planificación urbana, Renaturalización, Cidades para habitar e Economía circular.

Doutra banda, o financiamento de proxectos urbanos, a calidade de vida das persoas e o intercambio de boas prácticas son as grandes liñas que están presentes de maneira transversal en todo o programa.

En total, pasarán máis de 260 relatores polas catro salas dinámicas durante os tres días do Foro, que ten no seu programa a presenza de máis de 70 cidades españolas, portuguesas e iberoamericanas, así como expertos en diferentes ámbitos da xestión da cidade.

A cita conta coa colaboración directa do Concello de Madrid e a implicación de organismos como a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a Fundación Biodiversidade, a Unión de Cidades Capitais Iberoamericanas (UCCI), a Comisión Europea e ONU- Habitat, entre outras.