Skip to main content
Lugo

O PP reúnese con veciños afectados polo PXOM para estudar a documentación

Por 20 Xuño, 2022Sin comentarios

O PXOM continúa no aire no Concello de Lugo, que este xoves intentará aprobar de novo o 5% restante deste documento.

Así, o PP apura esta semana para examinar a documentación do 5% do PXOM e para entrevistarse con veciños afectados de varios núcleos de a Ponte, o Burgo, Pedreda, A Campiña, Castelo ou Galegos así como con empresarios do CEAO.

Dende o Grupo Popular manteñen a folla de ruta anunciada no pleno do xoves “de traballo de política útil e sen sectarismos” aclarando que “como sempre fixo o PP actuaremos de forma responsable unha vez examinada a documentación”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide di que “a negativa inicial de Lara Méndez a aprazar o pleno que se celebrou o pasado venres é outra proba máis de que a súa política personalista, levada ao extremo, está perxudicando aos cidadáns”.

Ameijide manifestou que “no pleno evidenciouse, por un lado, a debilidade e soidade da alcaldesa e, por outro a irresponsabilidade do BNG que se pon de perfil nun asunto deste calado cando forma parte do bigoberno”.