Skip to main content
Lugo

Tirimol, en Lugo, celebra ao San Xoán

Por 20 Xuño, 2022Sin comentarios

Tirimol está de festa. Este xoves, 23 de xuño, arrancan as patronais desta parroquia do municipio de Lugo, e farano cunha gran churrascada veciñal que estará amenizada polo dúo D’Vicio.

A misa solemne na honra de San Xoán terá lugar o venres dende as 13.00 horas. Ao rematar, terá lugar a sesión vermú a cargo da orquestra La Favorita, formación que tamén tocará na verbena da noite, na que estarán acompañados da actuación do Dj Marcos Magán.

O sábado, 25 de xuño, será a última das xornadas destas grandes festas que comezará, de novo, ás 13.00 horas con misa solemne. A nota musical da sesión vermú e a verbena correrá a cargo do dúo Carpe Diem.