Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Os locais da SECAL prorrogan unha semana máis as exposicións

Por 25 Xuño, 2022Xullo 3rd, 2022Sin comentarios

Os 19 locais que expoñen obras de 20 artistas lucenses, da SECAL 2022, acordaron prorrogar durante unha semana máis as exposicións á vista da moi boa acollida do público.

Lugo Monumental asegurou que “isto é unha gran satisfacción para a organización xa que a iniciativa foi dos propios expositores, que son os que cederon eses espazos desinteresadamente”. Ao comezar as rebaixas, necesitan os seus espazos máis que nunca e, con todo, ceden os seus locais para promocionar artistas locais, o que a organización do evento pon “moi en valor pola súa gran xenerosidade”.

Lembran, asemade, que nin os locais nin a Asociación perciben ningún tipo de remuneración ou comisión pola exposición ou venda das obras, que se realiza directamente entre os compradores e os artistas (en cada local hai unha ficha cos prezos das obras e a forma de contacto).

Asemade, Lugo Monumental informa que tamén terán continuidade, unha semana máis, a mostra de Paco Pestana na Farmacia da Cruz, onde se poden ver tres das súas obras, e a exposición de Alfredo Bongianni e Félix Pedrouzo en Vieiros. Tamén prorroga unha semana Nova Rúa a súa exposición dedicada a José Luis Maior Balboa, “o que lles agradecemos particularmente porque lles obrigou a alterar a súa apertada programación ao tratarse dunha galería moi demandada na nosa cidade”.