Skip to main content
Lugo

Nova xornada formativa sobre a app da Axencia Tributaria, en Lugo

Por 27 Xuño, 2022Sin comentarios

A Axencia Tributaria da cidade de Lugo organiza para mañá, martes, 28 de xuño, unha nova xornada formativa e divulgativa dirixida ao movemento veciñal. Así, dende as 11.00 horas, o Salón de Actos da sede da AEAT, na rúa da Raíña, acollerá esta xornada presencial e tratará sobre as xestións dispoñibles na app da Axencia Tributaria.

Os asistentes deberán acudir á formación cun teléfono móbil con conexión a internet para poder seguir o curso adecuadamente.

O obxectivo desta charla é que os asistentes se familiaricen coa app da AEAT, repasando as principais xestións que poden ser realizadas, de forma áxil e cómoda, sen necesidade de desprazamento ás oficinas públicas.

En concreto, os asistentes serán dados de alta no sistema cl@ve, de identificación dixital, e asistiráselles na descarga da app da AEAT no seu teléfono móbil.

Ao longo da sesión, os relatores impartirán instrucións sinxelas para que os asistentes poidan realizar, por se mesmos, no seu propio terminal, determinadas xestións básicas coa AEAT a través da súa app, como, por exemplo, pedir cita previa, consultar as súas notificacións ou darse de alta no sistema de avisos da AEAT.

Finalmente, os relatores accederán á sede da AEAT na internet para familiarizar aos asistentes co manexo das utilidades dispoñibles.