Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Remata a inscrición para o Campus Mixto do PM Friol

Por 24 Xuño, 2022Sin comentarios

Hoxe remata o prazo de inscrición para participar no Campus Mixto PM Friol, que se desenvolverá nesta localidade dende o martes 28 de xuño ata o 3 de xullo.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas entre 8 e 16 anos e divídese en dúas modalidades, con pernocta, que ten un prezo de 190 euros e sen pernocta, por 140. Para os socios e xogadores do club o prezo baixa ata os 100 euros.

Este campus incluirá sesións con entrenadores titulados con especial preparación na técnica e na táctica, así como a celebración de distintas competicións, que se combinarán con outras actividades de ocio como excursións á praia e xogos lúdicos e formativos.

As persoas interesadas poden poñerse en contacto co correo info@pmfriol.com ou nos teléfonos 649 423 743 ou no 636 378 110.