Skip to main content
MurasOurol

Comeza en Muras o programa Habita Rural

Por 9 Xuño, 2022Xuño 10th, 2022Sin comentarios

Os municipios chairegos de Muras e Xermade e Ourol, na Mariña, acollerán durante seis meses unha formación especializada dirixida a persoas que queiran emprender na contorna rural, especialmente a aqueles que residan en cidades ou en vilas galegas e desexen lanzar un proxecto de vida no campo.

Onte deu comezo o programa coa chegada dos participantes a Muras, onde foron recibidos polo alcalde local, Manuel Requeijo. Trátase de 16 persoas que ao longo de 6 meses vivirán na zona coa fin de atopar vías de emprego e emprendemento no rural.

Os concellos de Muras e Xermade cederon unha casa cada un para que residan tesa persoas así como a asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga.

A ONG coruñesa Ecos do Sur impulsa este proxecto ocupacional de agricultura, gandería e servizos forestais, que se enmarca dentro do proxecto Habita Rural, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Esta iniciativa é gratuíta e inclúe os desprazamentos, vivenda e manutención das persoas seleccionadas nos tres municipios.

En 2021 celebrouse a primeira edición de Habita Rural, que deu como froito un catálogo de oportunidades de emprendemento en Muras, Xermade e Ourol

O proxecto ten como obxectivo revitalizar o rural galego freando o despoboamento e o abandono de terras produtivas. Ao mesmo tempo, explican desde a ONG, ofrécense oportunidades de vida, capacitación e emprego no campo a residentes de lugares urbanos, onde se concentran as principais bolsas de desemprego e exclusión.

As persoas interesadas neste proxecto poden coñecelo na web https://habitarural.org/ ou poñerse en contacto coa organización no correo cooperativas@ecosdosur.org.