Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O Concello de Outeiro de Rei celebra a Festa dos Xubilados

Por 15 Xuño, 2022Xullo 1st, 2022Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei retoma, tras dous anos, a tradicional Festa dos Xubilados que terá lugar o venres día 1 de xullo na área recreativa do Campo de Santa Isabel.

A a misa solemne terá lugar ás 13:30 horas e abrirá unha programación amenizada polo dúo Adrianos e polo grupo de cantos de taberna Son Outeiro.

Todas as persoas con dereito a participar na devandita festa, é dicir, xubilados/as empadroados/as neste concello, deberán apuntarse nas oficinas da Casa da Cultura (xunto ao Colexio) en horario de 10:00 h a 14:30 h ou tamén poden facelo dando os seus datos ao alcalde de barrio da súa parroquia antes do día 25 de xuño e pagando os 5 euros que custa a invitación. Para inscribirse hai que dar nome e apelidos e achegar o DNI ou xustificante de que é pensionista se non ten os 65 anos.

As persoas que acudan como acompañantes e non estean xubiladas deberán aboar 20 euros para obter a súa invitación.

O prazo para recoller as invitacións, tanto na Casa da Cultura como a través dos alcaldes de barrio permanecerá aberto dende o luns día 13 ata o 24 de xuño,

Todas as persoas que asistan á festa deberán ir provistas dunha invitación.