Skip to main content
A Pastoriza

Nova xuntanza do club de lectura Entre Liñas da Pastoriza

Por 7 Xuño, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza segue coas xuntanzas vinculadas á lectura e nesta ocasión, Leticia Costas visitará o club.

Será este sábado, 11 de xuño, ás 20.30 horas no Fogar de Maeloc, para recibir á escritora de Golpes de Luz.

Ledicia Costas é unha escritora galega licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Empezou a escribir desde moi nova. A súa primeira novela publicada foi Unha estrela no vento (Edicións Xerais 2000), libro que escribiu cando era unha adolescente.

Nos últimos anos recibiu importantes recoñecementos, como o Premio Merlín de literatura infantil, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira cadáver. Por ese mesmo libro, o Ministerio de Cultura concedeulle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015.